Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9186

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Esta reitoría, en exercicio das competencias atribuídas polos artigos 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, reformada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante LOU), e 87 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (no sucesivo EUSC), conforme os acordos adoptados polo Consello de Goberno, resolve convocar os correspondentes concursos de acceso ás prazas de corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo desta resolución, con suxeición ás seguintes bases:

Primeira. Normas xerais.

1.1. Estes concursos rexeranse polo disposto na LOU e nos reais decretos 1312 e 1313/2007, do 5 de outubro, que regulan, respectivamente, a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a eles. Ademais regularanse polo disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (en diante LRX-PAC), nos EUSC, na normativa provisoria pola que se regulan os concursos de acceso a corpos docentes universitarios, aprobada polo Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 11 de febreiro de 2009, por estas bases de convocatoria e, con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

1.2. A presente convocatoria comprende o concurso independente de cada unha das prazas convocadas.

Segunda. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para participar nestas probas selectivas, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ser español ou, consonte o disposto no artigo 57 do Estatuto do empregado público (Lei 7/2007, do 12 de abril, BOE do 13 de abril), no artigo 89 e na disposición adicional décimo primeira da LOU, ser nacional de Estados membros da Unión Europea, que terán o mesmo tratamento que os nacionais españois. Este mesmo criterio será de aplicación:

– Aos nacionais daqueles Estados a que, en virtude de tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores nos termos en que esta se atopa definida no Tratado constitutivo da Unión Europea.

– Ao cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non se atopen separados de dereito, así como aos seus descendentes e aos do seu cónxuxe, sempre que non estean separados de dereito e sexan menores de 21 anos ou maiores desta idade e vivan ás súas expensas.

– Esta última extensión do beneficio será igualmente aplicable aos nacionais de terceiros Estados non membros da Unión Europea cando así se prevexa nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

b) Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á función pública.

c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado para o desempeño das funcións públicas por sentenza xudicial firme. Os aspirantes que non posúan a nacionalidade española, ademais, non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á función pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes á praza.

e) Estar en posesión da acreditación pertinente para o corpo de que se trate, consonte o establecido no Real decreto 1312/2007, cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do Real decreto 1313/2007 e, no caso de ser funcionario, non estar incurso na prohibición do punto 4 do artigo 9 deste real decreto. Para concursar ás prazas de corpos docentes vinculadas a prazas asistenciais de institucións sanitarias, os concursantes deberán estar en posesión do título oficial de especialista que corresponda á praza.

Os acreditados que sexan nacionais doutros Estados non membros da Unión Europea poderán tomar parte nos concursos de acceso e, de ser o caso, acceder á función publica cando o Estado da súa nacionalidade lles recoñeza aptitude legal aos españois para ocupar na docencia universitaria posicións análogas ás dos funcionarios docentes na universidade española.

f) Acreditar, unha vez nomeados funcionarios, ben a través da Comisión de Selección ou documentalmente, un nivel de coñecemento da lingua galega equivalente ao Celga 3 e do español equivalente ao nivel B2. De non ser así, a persoa nomeada funcionaria deberá realizar un curso de coñecemento da(s) lingua(s) organizado pola propia universidade.

2.2. A posesión dos requisitos establecidos nesta base, salvo os da alínea f), estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter, polo menos, ata o momento da toma de posesión como funcionario de carreira.

Terceira. Solicitudes.

3.1. A solicitude para participar nestas probas selectivas axustarase ao modelo aprobado oficialmente pola Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador que se atopa publicado no sitio web http://www1.usc.es/webvprof/acreditados/. O aspirante deberá cubrir na solicitude o seu domicilio e o seu enderezo de correo electrónico, e será preferentemente a este último a onde a USC enviará as notificacións.

As persoas que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas.

Ademais, será requisito imprescindible para participar no proceso que os aspirantes, no acto de presentación, fagan entrega ao presidente da comisión de cinco exemplares do seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e documentos acreditativos dos méritos alegados, segundo o modelo publicado na páxina web.

3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Estas solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros xerais da USC, situados no Campus de Santiago (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro s/n, 15782 Santiago de Compostela) e no Campus de Lugo (servizos centrais, Campus Universitario, 27002 Lugo) ou polos restantes procedementos previstos no artigo 38.4 da LRX-PAC. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o empregado de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes subscritas no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.

3.3. Dereitos de exame:

Os aspirantes deberán aboar á Universidade de Santiago de Compostela por cada concurso en que soliciten participar a cantidade de 40,74 euros, en concepto de dereitos de exame. O ingreso ou transferencia deberá efectuarse na conta corrente n.º 2080 0388 20 3110000646 de Novagalicia Banco.

Estarán exentas do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ao 33% e as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial, sempre que presenten xunto coa solicitude a xustificación documental correspondente. Os membros de familias numerosas de categoría xeral terán dereito a unha bonificación do 50%.

Tamén se lle aplicará unha bonificación do 50% á inscrición no proceso selectivo, solicitada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, solicitarase nas oficinas do Servizo Público de Emprego e presentarase coa solicitude.

A falta de pagamento destes dereitos durante o prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión do aspirante, excepto que acredite estar exento do pagamento da dita taxa.

Non procederá a devolución dos dereitos de exame aos aspirantes no caso de exclusión definitiva das probas selectivas por causas imputables a eles.

3.4. Coa solicitude xuntaranse necesariamente os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.

Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española e teñan dereito a participar, deberán presentar fotocopia do documento que acredite a nacionalidade e, de ser caso, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco e o feito de viviren ás expensas ou estaren a cargo dun nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional subscrito pola Unión Europea e ratificado por España, co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos a algunha das linguas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela.

b) Fotocopia compulsada, ou simple acompañada do respectivo orixinal para o seu cotexo, dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na alínea e) da base 2.1. No suposto de ser profesor dunha praza de igual categoría, certificación acreditativa do seu desempeño.

Os candidatos que pertenzan a esta universidade, e así o fagan constar na solicitude, só deberán presentar os documentos a que se refire este punto que non consten no seu expediente persoal.

c) Xustificante orixinal de ter aboado os dereitos de exame, no cal deberá constar necesariamente o nome e apelidos do aspirante e a referencia do número de concurso, así como, de ser o caso, xustificante da causa de bonificación ou exención.

3.5. De conformidade co disposto na alínea f) da base 2.1, os aspirantes poderán acreditar, nesta fase do procedemento, un nivel de coñecemento da lingua galega equivalente ao Celga 3 e do español equivalente ao nivel B2.

A falta de acreditación documental do requisito sinalado no punto 3.5 non será causa de exclusión, e poderá acreditarse a través da Comisión de Selección. De non ser así, a persoa nomeada funcionaria deberá realizar un curso de coñecemento da(s) lingua(s) organizado pola propia universidade.

Cuarta. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo máximo de quince días, ditará unha resolución que declare aprobadas as listas provisionais de aspirantes admitidos e excluídos aos distintos concursos de acceso, con indicación das causas de exclusión. Esta resolución, xunto coas listas completas de admitidos e excluídos, publicarase nos taboleiros de anuncios da Reitoría e da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, debendo facer constar nela a data da súa inserción nos taboleiros.

Así mesmo, será obxecto de difusión a través da páxina web desta universidade no enderezo: http://www1.usc.es/webvprof/acreditados/

4.2. Contra esta resolución, os interesados poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación nos taboleiros de anuncios da reitoría. Neste prazo os aspirantes excluídos ou que non figuren na relación de admitidos e excluídos do correspondente concurso poderán reparar os defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión da dita relación. No caso de non facelo, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Resoltas as reclamacións, no prazo máximo de quince días desde a finalización do prazo sinalado para presentar reclamación, ditarase unha nova resolución que aprobe as listas definitivas de admitidos e excluídos, que serán obxecto de publicación na forma indicada na base 4.1. Esta resolución porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o reitor no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, de acordo co previsto na LRX-PAC. Neste caso, non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata a resolución expresa ou o rexeitamento presunto do de reposición.

Quinta. Comisións de selección.

5.1. A composición das comisións de selección é a que figura no anexo desta convocatoria. Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros da Comisión de Selección poderán ser consultados polos interesados, durante o tempo que dure o proceso, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, no Servizo de Planificación de PDI, sito no Pazo de San Xerome, praza do Obradoiro, Santiago de Compostela.

5.2. Para a constitución e a actuación das comisións observarase o recollido na normativa provisoria pola que se regulan os concursos de acceso a corpos docentes universitarios, aprobada polo Acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 11 de febreiro de 2009. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e os interesados poderán recusalos, en calquera momento da tramitación do procedemento, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da LRX-PAC.

5.3. Unha vez resoltas a renuncia, abstención ou recusación que se puidesen ter presentado, os afectados serán substituídos polos respectivos suplentes. No suposto de que tamén no membro suplente de que se trate concorrese algunha das circunstancias de impedimento citadas anteriormente, a súa substitución farase por orde correlativa de nomeamento entre os membros suplentes.

5.4. As comisións deberán constituírse dentro dos tres meses seguintes á data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Para iso, o presidente titular, realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará os titulares e, de ser o caso, os suplentes, para proceder ao acto formal de constitución daquela, e fixará o lugar, a data e a hora en que terá lugar. Da constitución da comisión tamén serán informados os candidatos.

Sexta. Desenvolvemento do concurso.

6.1. Criterios de valoración.

6.1.1. No acto de constitución, as comisións de selección, en función das características das prazas que se van prover e das actividades docentes e investigadoras que figuren na convocatoria, aprobarán e farán públicos, no taboleiro de anuncios do centro en que actúen, os criterios de selección que serán utilizados para a resolución dos concursos de acceso convocados. Estes criterios deberán respectar o precisado no artigo 9 da normativa desta universidade pola que se regulan os concursos de acceso a corpos docentes universitarios e as proporcións que se recollen no anexo da dita normativa para a valoración de cada categoría de méritos.

6.1.2. Publicados os criterios, o presidente convocará os candidatos admitidos ao acto de presentación que deberá ter lugar entre as 24 e 72 horas contadas desde a publicación dos criterios. A comunicación incluirá o lugar, a data e a hora de realización.

6.2. Acto de presentación.

6.2.1. A orde de actuación dos aspirantes nas probas orais seguirá a ordenación alfabética por apelido a partir da letra «Z», de conformidade co establecido na Resolución do 7 de febreiro de 2012, da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

6.2.2. No acto de presentación, que será público, os candidatos entregaranlle ao presidente da Comisión de Selección cinco exemplares do seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e documentos acreditativos dos méritos alegados. O historial deberá axustarse no posible ao modelo establecido no documento de historial do aspirante publicado na páxina web http://www1.usc.es/webvprof/acreditados/; para a súa elaboración seguirase o documento de instrucións que se atopa na mesma páxina. En calquera caso, o historial deberá incluír todas as epígrafes do modelo establecido. O exemplar da documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse organizado na mesma orde que o modelo de historial.

6.2.2.1. Os aspirantes a unha praza de profesor/a titular de universidade entregaranlle tamén ao presidente cinco exemplares dunha guía docente dunha materia das que se determinan no anexo desta convocatoria e cinco exemplares do proxecto investigador que se vai desenvolver no caso de serlle outorgada a praza. Cando no anexo se estableza «materias da área», a guía docente referirase a unha materia troncal, obrigatoria ou de formación básica adscrita á área de coñecemento das que se cursen para a obtención de títulos de carácter oficial de grao ou equivalente na USC.

A guía docente terá como máximo unha extensión de cincuenta páxinas en tamaño DIN A4 a dobre espazo e deberá facer referencia, como mínimo, aos seguintes aspectos:

– Datos descritivos da materia.

– Sentido da materia no plan de estudos.

– Obxectivos: competencias, destrezas e habilidades que debe adquirir o estudante.

– Desenvolvemento do temario teórico e práctico.

– Bibliografía recomendada.

– Metodoloxía e recursos necesarios.

– Sistema de avaliación da aprendizaxe.

– Outras informacións de interese.

O proxecto investigador terá como máximo vinte e cinco páxinas en tamaño DIN A4 a dobre espazo.

6.2.2.2. Os aspirantes a unha praza de catedrático de universidade entregaranlle tamén ao presidente cinco exemplares do proxecto investigador que se vai desenvolver no caso de serlle outorgada a praza, que terá unha extensión máxima de vinte e cinco páxinas DIN A4 a dobre espazo.

6.2.3. O secretario da comisión deberá garantir que a documentación entregada polos concursantes poida ser consultada con anterioridade ao inicio das probas por todos os candidatos presentados.

6.3. Probas.

6.3.1. Os concursos de acceso ao corpo de titulares de universidade constarán de dúas probas que serán públicas.

6.3.1.1. A primeira proba consistirá na exposición e defensa oral dos méritos e do historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial de cada candidato. Esta exposición non poderá exceder de noventa minutos, cun debate posterior coa comisión durante un tempo máximo de dúas horas.

No caso de que exista un único aspirante, a comisión, despois de analizar a documentación presentada por este, se considera por unanimidade que resulta suficiente para a superación da proba, poderá eximilo da exposición oral e posterior debate.

Rematada esta proba, cada membro da comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

6.3.1.2. A segunda proba consistirá na exposición oral, durante un tempo máximo de 90 minutos, e posterior debate coa comisión, durante un máximo de dúas horas:

– Da guía docente dunha das materias que se determinen na convocatoria ou, no seu defecto, dunha materia troncal ou obrigatoria da oferta oficial de graos relacionada coa área pola que se convoca a praza.

– Do proxecto investigador que se vai desenvolver no caso de lle ser outorgada a praza.

Rematada a segunda proba, cada membro da comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

O peso de cada proba na cualificación final dos candidatos será do 50%.

De acordo con estes informes, a comisión elaborará unha proposta de provisión. Os membros da comisión que voten en contra da proposta maioritaria terán que facer constar a motivación do seu voto.

A proposta incluirá unha relación de todos os candidatos que sexan considerados aptos para ocupar a praza por orde de preferencia para o nomeamento polo reitor. O proceso poderá concluír coa proposta da comisión de non prover a praza convocada.

6.3.2. Os concursos de acceso ao corpo de catedráticos de universidade constarán dunha única proba, que será pública, e que consistirá na exposición e defensa oral dos méritos de cada candidato e do proxecto investigador que se vai desenvolver de lle ser outorgada a praza. A exposición e a defensa oral non poderán exceder noventa minutos e dúas horas, respectivamente.

Rematada a proba, cada membro da comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados. De acordo con estes informes, a comisión elaborará unha proposta de provisión. Os membros da comisión que voten en contra da proposta maioritaria terán que facer constar a motivación do seu voto.

A proposta incluirá unha relación de todos os candidatos que sexan considerados aptos para ocupar a praza por orde de preferencia para o nomeamento polo reitor. O proceso poderá concluír coa proposta da comisión de non prover a praza convocada.

6.3.3. Os aspirantes serán convocados pola comisión aos distintos actos, nun único chamamento que se fará público no taboleiro de anuncios en que actúe, sendo excluídos do concurso os que non comparezan, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados como tales pola comisión.

Sptima. Proposta de provisión.

7.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte ao da finalización das probas farase pública no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a Comisión de Selección a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todos os candidatos propostos por orde de preferencia. Esta proposta será formalizada no modelo normalizado de acta que proverá a vicerreitoría competente en materia de profesorado, facendo constar os mecanismos de impugnación que poidan utilizar os interesados. A proposta permanecerá exposta, polo menos, ata a expiración do prazo para interpor os correspondentes recursos.

O tempo transcorrido entre a publicación da convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder catro meses, salvo nos supostos de suspensión ou ampliación deste prazo por impugnación ou outras causas xustificadas apreciadas por resolución do reitor da USC.

7.2. Unha vez publicada, a proposta será entregada polo presidente da Comisión de Selección ou, de ser o caso polo secretario, á Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador xunto coas actas e informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación presentada por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do secretario da comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.

7.3. Rematado o procedemento, a documentación dos concursantes quedará ao seu dispor na Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador, de onde deberán retirala. Non obstante, no caso de interposición de recurso, non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que os interesados poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fose retirada será destruída.

Oitava. Presentación de documentos e nomeamentos.

8.1. No prazo máximo de vinte días contados desde o seguinte ao de publicación da proposta de nomeamento, o candidato proposto en primeiro lugar pola Comisión de Selección ten que presentar os seguintes documentos na Vicerreitoría de Titulacións e Persoal Docente e Investigador ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC:

a) Copia compulsada do título académico requirido para a praza para a cal teña sido proposto.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas. Os aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar, de conformidade co establecido no artigo 7.2 do Real decreto 543/2001, do 18 de maio, sobre acceso ao emprego público na Administración xeral do Estado e os seus organismos públicos de nacionais doutros Estados a que é de aplicación o dereito á libre circulación de traballadores, que non están sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funciones correspondentes a profesor de universidade.

8.2. Os que tivesen a condición de funcionarios públicos de carreira en activo estarán exentos de presentar os documentos mencionados nas alíneas b) e c) desta base, debendo presentar certificación da Administración de que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

Os candidatos que pertenzan a esta universidade só deberán presentar os documentos a que se refire esta base que non consten no seu expediente persoal.

8.3. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela efectuará o nomeamento como funcionario de carreira do candidato proposto pola comisión, unha vez que presentase en prazo a documentación exixida no número 1 desta base. No caso de que o primeiro candidato proposto non acredite en tempo e forma o sinalado no parágrafo anterior, o reitor procederá, de xeito sucesivo, ao nomeamento dos seguintes candidatos propostos segundo a orde establecida pola Comisión de Selección, logo da acreditación por estes dos mencionados requisitos en idéntico prazo de vinte días.

8.4. Os nomeamentos, que especificarán a denominación da praza con indicación da área de coñecemento e o corpo a que pertence, serán publicados no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia e comunicados aos rexistros correspondentes para o efecto do outorgamento do número de Rexistro de Persoal e de inscrición no corpo respectivo, así como ao Consello de Universidades.

8.5. No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato proposto deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario de carreira do corpo docente universitario de que se trate. No momento da toma de posesión, o/a candidato/a deberá presentar declaración de non estar afectado/a de incompatibilidade, ou opción no caso de ter outro traballo no sector público.

Novena. Norma final.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpor recurso de reposición perante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO
Relación de prazas e comisións
Profesor/a titular de universidade

N.º de concurso: 2310/12 Dedic.: T.

N.º de prazas: 1 (C01711).

Área de coñecemento: ecoloxía.

Departamento: Bioloxía Celular e Ecoloxía.

Perfil: materias da área.

Centro (*): Esc. Politécnica Superior.

Localidade: Lugo.

N.º de concurso: 2311/12 Dedic.: T.

N.º de prazas: 1 (C01727).

Área de coñecemento: ciencia da computación e int. artificial.

Departamento: Electrónica e Computación.

Perfil: informática (G4031104).

Centro (*): Esc. Politécnica Superior.

Localidade: Lugo.

N.º de concurso: 2312/12 Dedic.: T.

N.º de prazas: 1 (C01730).

Área de coñecemento: enx. cartográfica, xeodésica e fotogrametría.

Departamento: Enxeñaría Agroforestal.

Perfil: catastro e valoración de bens inmobles (G4051421).

Centro (*): Esc. Politécnica Superior.

Localidade: Lugo.

N.º de concurso: 2313/12 Dedic.: T.

N.º de prazas: 1 (C01728).

Área de coñecemento: proxectos de enxeñaría.

Departamento: Enxeñaría Agroforestal.

Perfil: proxectos (941507).

Centro (*): Esc. Politécnica Superior.

Localidade: Lugo.

N.º de concurso: 2314/12 Dedic.: T.

N.º de prazas: 1 (C01731).

Área de coñecemento: óptica.

Departamento: Física Aplicada.

Perfil: métodos matemáticos IV (G1031109).

Centro (*): Fac. de Física.

Localidade: Santiago de Compostela.

N.º de concurso: 2315/12 Dedic.: T.

N.º de prazas: 1 (C01732).

Área de coñecemento: física atómica, molecular e nuclear.

Departamento: Física de Partículas.

Perfil: física cuántica III (G1031421).

Centro (*): Fac. de Física.

Localidade: Santiago de Compostela.

N.º de concurso: 2316/12 Dedic.: T.

N.º de prazas: 1 (C01729).

Área de coñecemento: historia antiga.

Departamento: Historia I.

Perfil: historia antiga I (G5021122).

Centro (*): Fac. de Xeografía e Historia.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) Centro onde se realizará con carácter preferente a actividade.

N.º de concurso:

2310/12

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

ecoloxía

Comisión titular

Presidente

Carballeira Ocaña, Alejo

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Retuerto Franco, José Carlos Rubén

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

Núñez Olivera, Encarnación

T

Catedrática de universidade

Universidade de La Rioja

2.ª vogal

Riba López, Inmaculada

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Cádiz

3.ª vogal

Mediavilla Gregorio, Sonia

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Salamanca

Comisión suplente

Presidente

Carral Vilariño, Emilio

T

Catedrático de escola universitaria

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Real Rodríguez, Carlos

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

Vázquez Castro, María Dolores

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.º vogal

Barreiro Lozano, Rodolfo

T

Catedrático de universidade

Universidade da Coruña

3.ª vogal

Martín Díaz, María Laura

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Cádiz

N.º de concurso:

2311/12

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

ciencia da computación e int. artificial

Comisión titular

Presidente

Barro Ameneiro, Senén

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Carreira Nouche, María José

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.º vogal

Espinosa Zapata, Felipe

T

Profesor titular de universidade

Universidade de Alcalá de Henares

2.ª vogal

Alonso Betanzos, Amparo

T

Catedrática de universidade

Universidade da Coruña

3.º vogal

Álvarez Sánchez, José Ramón

T

Profesor titular de universidade

UNED

Comisión suplente

Presidente

Bahamonde Rionda, Antonio

T

Catedrático de universidade

Universidade de Oviedo

Secretario

Bugarín Diz, Alberto José

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

Taboada Iglesias, María Jesús

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.º vogal

Marín Morales, Roque

T

Catedrático de universidade

Universidade de Murcia

3.ª vogal

Delgado García, Ana Esperanza

T

Catedrática de universidade

UNED

N.º de concurso:

2312/12

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

enx. cartográfica, xeodésica e fotogrametría

Comisión titular

Presidente

Crecente Maseda, Rafael

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Diéguez Aranda, Ulises

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

Gil Docampo, María de la Luz

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.º vogal

Fra Paleo, Urbano

T

Profesor titular de universidade

Universidade de Extremadura

3.ª vogal

Amor López, Margarita

T

Profesora titular de universidade

Universidade da Coruña

Comisión suplente

Presidente

Álvarez González, Juan Gabriel

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Iglesias Rodríguez, José Gregorio

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

López Mosquera, M.ª Elvira

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.º vogal

Touriño Domínguez, Juan

T

Catedrático de universidade

Universidade da Coruña

3.ª vogal

Condés Ruiz, Sonia

T

Profesora titular de universidade

Universidade Politécnica de Madrid

N.º de concurso:

2313/12

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

proxectos de enxeñaría

Comisión titular

Presidente

Álvarez López, Carlos José

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Ortega Fernández, Francisco

T

Catedrático de universidade

Universidade de Oviedo

1.º vogal

Rodríguez Montequin, Vicente

T

Profesor titular de universidade

Universidade de Oviedo

2.ª vogal

Prendes Gero, Belén

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Oviedo

3.ª vogal

Bovea Edo, M.ª Dolores

T

Profesora titular de universidade

Universidade Jaume I de Castelló

Comisión suplente

Presidente

Barrasa Rioja, Martín

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Velo Sabin, Ramón Luis

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.º vogal

González Manteiga, Wenceslao

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.ª vogal

García Melón, Mónica

T

Profesora titular de universidade

Universidade Politécnica de Valencia

3.ª vogal

Cruz López, M. Pilar de la

T

Profesora titular de universidade

Universidade da Coruña

N.º de concurso:

2314/12

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

óptica

Comisión titular

Presidente

Varela Cabo, Luis Miguel

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Mouriz Cereijo, María Dolores

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.º vogal

Flores Seijas, José Ramón

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.º vogal

Michinel Álvarez, Humberto

T

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

3.ª vogal

Balsa Canto, Eva

T

Científica titular

Inst. de Investigacións Mariñas (CSIC, Vigo)

Comisión suplente

Presidenta

Acosta Plaza, Eva María

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Montero Orille, Carlos

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

González Ferreiro, Elena

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.º vogal

Soto Crespo, José María

T

Profesor investigador

Instituto de Óptica Daza de Valdés-CSIC

3.ª vogal

Arias Tobalina, Isabel

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Salamanca

N.º de concurso:

2315/12

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

física atómica, molecular e nuclear

Comisión titular

Presidente

Durán Escribano, Ignacio

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Cortina Gil, M. Dolores

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.º vogal

Benlliure Anaya, José Fernando

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.ª vogal

Ramos Gómez, Angels

T

Catedrática de universidade

Universidade de Barcelona

3.ª vogal

García Recio, María Carmen

T

Catedrática de universidade

Universidade de Granada

Comisión suplente

Presidente

Plo Casasus, Máximo

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Garzón Heydt, Juan Antonio

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

González Ferreiro, Elena

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2.ª vogal

Castillo Giménez, Victoria

T

Catedrática de universidade

Universidade de Valencia

3.º vogal

Tengblad, Olof

T

Profesor investigación CSIC

Inst. de Estrutura da Materia (CSIC, Madrid)

N.º de concurso:

2316/12

Corpo:

profesor/a titular de universidade

Área de coñecemento:

historia antiga

Comisión titular

Presidente

García Quintela, Marco Virgilio

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

López Barja de Quiroga, Pedro Manuel

T

Profesor titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

Sancho Rocher, Laura

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Zaragoza

2.º vogal

Fornis Vaquero, César

T

Profesor titular de universidade

Universidade de Sevilla

3.ª vogal

Hernando Sobrino, Rosario

T

Profesora titular de universidade

Universidade Complutense de Madrid

Comisión suplente

Presidente

Díez de Velasco, Francisco

T

Catedrático de universidade

Universidade de La Laguna

Secretaria

Criado Boado, Cecilia

T

Profesora titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1.ª vogal

Iriarte Goñi, Ana

T

Catedrática de universidade

Universidade do País Vasco

2.ª vogal

García Fernández, Estela B.

T

Profesora titular de universidade

Universidade Complutense de Madrid

3.º vogal

Montero Herrero, Santiago

T

Catedrático de universidade

Universidade Complutense de Madrid