Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2012 polo que se cita a Ana María Abella Val en relación co expediente disciplinario que se lle instrúe por Acordo do 5 de decembro de 2011.

Mediante carta certificada con xustificante de recepción, intentouse en dúas ocasións a notificación do prego de cargos a Ana María Abella Val de conformidade co artigo 22.2, último parágrafo, do Regulamento de réxime disciplinario dos funcionarios da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 94/1991, do 20 de marzo, sen que conste a súa recepción pola persoa interesada. En aplicación do disposto no artigo 59.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por medio deste anuncio, para os efectos da súa notificación, cítase a Ana María Abella Val para que compareza perante este instrutor o vindeiro día 20 de marzo de 2012, ás 10.00 horas, nas dependencias do Servizo Territorial da Inspección Educativa da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Ourense, sitas na rúa do Concello n.º 11, 32003 Ourense (7.º andar).

Lugo, 23 de febreiro de 2012.

Federico Pérez Morán
Instrutor