Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia (Aesga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificado da asemblea xeral ordinaria da Asociación de Empresas e Expertos de Seguridade de Galicia (Aesga), onde se reflicte o acordo acadado o 14 de decembro de 2011, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais