Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito das escrituras públicas de modificación dos estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Agaca.

En cumprimento do disposto no artigo 134 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e nos artigos 85 e 86 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que no Rexistro Central de Cooperativas dependente desta dirección xeral foron depositadas as escrituras públicas de modificación dos estatutos sociais da entidade Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, Agaca, que quedou inscrita no Libro de inscrición de asociacións cooperativas.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais