Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 14 de marzo de 2012 Páx. 9255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2012 pola que se modifica a Resolución do 1 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación por lotes, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, dun contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada.

No punto 5.b) da Resolución do 1 de marzo de 2012, da entidade pública Portos de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia, número 47, do 7 de marzo de 2012, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación urxente, da contratación por lotes dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia, suxeita a regulación harmonizada, disponse que o prego de prescricións técnicas xerais e particulares (PPT), o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o cadro de características do contrato (CCC) e os seus correspondentes anexos, poderanse obter no perfil de contratante, no seguinte enderezo: www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17216

Advertidos erros no contido do CCC e do PPT que rexerán a referida licitación, cómpre efectuar as seguintes modificacións nos devanditos documentos:

– No punto 7.4.1 do CCC, onde di: «Número total de lotes: 4», debe dicir: «Número total de lotes: 6».

Así mesmo, mediante esta resolución dáse publicidade á modificación do contido do PPT, ao cal se lle engade un novo anexo (II), que recolle unha cláusula relativa a «Outras obrigas do adxudicatario: presentación de diversa documentación, unha vez iniciada a execución do servizo».

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 88 16 45.

2. Enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=17216

– Prazo de presentación de proposicións:

Mantense o prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar a contratación por lotes dos servizos de referencia, que rematará o día 16 de abril de 2012, ás catorce (14.00) horas.

– Data de envío do anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 8 de marzo de 2012.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia