Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2012 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación da subministración de enerxía eléctrica nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña.

A Consellería de Facenda anuncia procedemento aberto para a contratación da subministración de enerxía eléctrica nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: 5/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de enerxía eléctrica nas dependencias do edificio sede da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda, situado na praza de Pontevedra, 22, A Coruña.

c) Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cincuenta mil oitocentos corenta e sete euros con corenta e seis céntimos (50.847,46 euros), IVE excluído.

b) IVE: nove mil cento cincuenta e dous euros con cincuenta e catro céntimos (9.152,54 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: non procede.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Control Orzamentario, Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, n.º 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 41 34/981 18 44 41.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17203

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e técnica: segundo o establecido nas cláusulas 5 e 6 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas letras E e F da folla de especificacións.

b) Habilitación empresarial ou profesional: de acordo co sinalado na letra G da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as dezanove (19.00) horas ou catorce (14.00) horas os sábados, do décimo quinto día natural contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación a presentar: a indicada na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do rexistro único e información no complexo administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, n.º 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, publicarase no perfil do contratante a data e hora de apertura das ofertas (sobre B). A apertura non poderá ter lugar ata que transcorran un mínimo de tres días hábiles desde a publicación da data no perfil do contratante.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17203

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

P.D. (Orde 9.1.2012)
M.ª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio