Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a interesada para notificarlle por comparecencia o requirimento de documentación do expediente de axuda á reestruturación e reconversión de viñedo núm. 36/10/255.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o requirimento de documentación do expediente de axuda á reestruturación e reconversión de viñedo núm. 36/10/255.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da xefatura territorial do Medio Rural e do Mar sito na rúa Fernández Ladreda, edificio administrativo, 2.º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2012.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36/10/255.

Interesada: Nélida Paz Vázquez.

Acto de notificación: requirimento de documentación do expediente de axuda á reestruturación e reconversión de viñedo núm. 36/10/255.