Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8906

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2012 sobre información adicional na contratación para a realización de actuacións de auditorías de operacións dos programas operativos de Galicia Feder, FSE e FEP no marco 2007-2013.

A Consellería de Facenda, a través da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, licitou e adxudicou a seguinte contratación para a realización de actuacións de auditorías de operacións dos programas operativos de Galicia Feder, FSE e FEP no marco 2007-2013:

Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: servizos.

Descrición do obxecto: realización de actuacións de auditorías de operacións dos programas operativos de Galicia Feder, FSE e FEP no marco 2007 – 2013 de acordo co seguinte detalle:

Descrición

N.º máximo de auditorías que se van efectuar

Orzamento de licitación 2010-2012

Lote 1: auditorías de operacións do P.O. FSE

Galicia 2007-2013

302

241.600 €

Lote 2: auditorías de operacións do P.O. Feder Galicia 2007-2013

302

302.000 €

Lote 3: auditorías de operacións do P.O. FEP

Galicia 2007-2013

302

286.900 €

Total orzamento (con IVE)

906

830.500 €

Prazo de execución: o contrato ten un prazo máximo de execución de dous anos, contado desde o seguinte ao da sinatura do contrato, podendo prorrogarse anualmente por mutuo acordo das partes antes da súa finalización.

Anuncio de licitación polo procedemento aberto:

Diario Oficial de Galicia, n.º 16, do martes 26 de xaneiro de 2010.

Boletín Oficial del Estado, n.º 11, do mércores 13 de xaneiro de 2010.

Diario Oficial de la Unión Europea, do 2 de xaneiro de 2010.

Adxudicación:

Diario Oficial de Galicia, n.º 188, do mércores, 29 de setembro de 2010.

Boletín Oficial del Estado, n.º 224, do 15 de setembro de 2010.

Diario Oficial de la Unión Europea, do 12 de agosto de 2010.

Conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro, da Comisión, segundo a redacción dada a estes polo Regulamento (CE) 846/2009 da Comisión, do 1 de setembro, dáselle publicidade a:

Cofinanciación nun 80% do lote 1 con cargo ao Fondo Social Europeo, eixo 5 tema prioritario 85.

Cofinanciamento nun 80% do lote 2 con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, eixo 7 tema prioritario 85.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012.

(P.O. 9 de xaneiro de 2012)
M.ª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral Técnica e do Patrimonio