Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite urxente, do servizo consistente na limpeza das dependencias do Instituto en Ourense (expediente IGVS03-12).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na limpeza das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Ourense.

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: cincuenta e dous mil oitocentos dezasete euros con vinte e oito céntimos (52.817,28 €), IVE excluído.

b) IVE (18%): nove mil cincocentos sete euros con once céntimos (9.507,11 €).

c) Importe total: sesenta e dous mil trescentos vinte e catro euros con trinta e nove céntimos (62.324,39 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e técnica conforme o establecido nos pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que deberá rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación, na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17228

– Tamén no perfil de contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) antes das 14.00 horas do oitavo (8) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contado desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil de contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación a súa realización, no perfil de contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

P.R. (Resolución 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo