Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8863

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2012, do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data
da sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo, mediante o que se prorroga a vixencia do Consorcio do Casco Vello de Vigo.

Sen contido económico

16.12.2011

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo, mediante o que se modifica o artigo 4.3 dos estatutos do Consorcio do Casco Vello de Vigo.

Sen contido económico

7.12.2011

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración de ambas as institucións no desenvolvemento do máster Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación 2010-2011.

25.000,00 €

30.9.2011