Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8738

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de contratación (expediente S-2/2012).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Subministracións. b) Número de expediente: S-2/2012.

2. Obxecto do contrato: subministración por lotes de diferentes trofeos para os distintos eventos deportivos, anos 2012 e 2013.

Lote n.º 1: trofeos en resina/metacrilato ou cristal e medallas.

Lote n.º 2: trofeos en cerámica.

Lote n.º 3: trofeos Teresa Herrera de fútbol.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto con diversos criterios de adxudicación.

4. Orzamento total de licitación: 117.020 € anuais, IVE incluído.

Lote n.º 1: 28.820 € anuais, IVE incluído.

Lote n.º 2: 36.900 € anuais, IVE incluído.

Lote n.º 3: 51.300 € anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil de contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico: suministros@coruna.es d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2.º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata o día 21 de marzo de 2012, finalizando ás 13.00 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que se presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil de contratante.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de febreiro de 2012.

Rosa M.ª Gallego Neira
Tenente de alcalde de Contratación