Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8561

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de marzo de 2012 pola que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de administración e o artigo 4 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais entre persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberá ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

O nomeamento de Lino Sexto Bermúdez como vogal no Consello de Administración do Intecmar.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar