Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2011, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, pola que se somete a trámite de información pública o expediente de reestruturación da concesión de servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2198, XG-197, Lalín-Merza, con anexos, de Autocares Ofelia E. Souto Castro, S.L.

Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de reestruturación da concesión V-2198, XG-197, Lalín-Merza, con anexos, de Autocares Ofelia E. Souto Castro, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (edificio administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, n.º 43-1.º andar), efectuar as alegacións que estimen oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 5 de decembro de 2011.

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra