Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8667

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG núm. 142, do 26 de xullo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 1 de marzo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de información, acordou, de conformidade co disposto nas bases II.1.1.3 e II.1.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 13 de marzo de 2012 nas aulas 2, 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) na rúa Madrid, número 2, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único, que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal