A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandado e despois de emitido informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.
2. Este prezo entenderase con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012.
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Benestar animal. Manual para formadores: 35 euros.