Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2012 polo que se notifica a resolución do expediente sancionador CR-OU-0003/2011-VD.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente CR-OU-0003/2011-VD.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas oficinas da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, situadas na rúa do Camiño Francés n.º 10, Santiago de Compostela (A Coruña), en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpor recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen terse presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa, sendo inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

Ricardo Rivas Barros
Subdirector xeral de Industrias e Calidade Agroalimentaria

ANEXO

Expediente n.º: CR-OU-0003/2011-VD.

Denunciado: Boas Marcas de España, S.L. e Odilo Sández Prada.

Último enderezo coñecido: A Portela, 10. 32316 Vilamartín de Valdeorras (Ourense).