Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8353

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 21 de febreiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante a Orde do 8 de agosto de 2011 (DOG n.º 171, do 7 de setembro), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao/a funcionario/a que se expresa no anexo desta orde, seleccionado/a conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada pola Orde desta consellería do 8 de agosto de 2011.

Segundo. O cesamento no actual destino do/a funcionario/a que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino, o/a funcionario/a está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o/a funcionario/a, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2012.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Rivas Vázquez, Ofelia.

NRP: 3276124557A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: corpo superior da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefe do Servizo Xurídico-Administrativo.

Código: MR.C99.10.201.15001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: A Coruña.