Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre a instalación dun taller de reparación de vehículos automóbiles nas ramas de mecánica, electricidade, electrónica e pneumáticos (expediente 572/11).

Jaime Iglesias Jove solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dun taller de reparación de vehículos automóbiles nas ramas de mecánica, electricidade, electrónica e pneumáticos, na rúa do Franco número 28, baixo dereita.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Lugo, 4 de xaneiro de 2012.

Sonia Méndez García
Tenente de alcalde delegada da Área de Economía, Emprendemento,
Autónomos e Educación