Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8154

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello de Goberno da Universidade da Coruña, do 15 de novembro de 2011, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo.

Esta modificación da relación de postos de traballo da Universidade da Coruña xustifícase pola fusión do Departamento de Construcións Navais e o Departamento de Enxeñaría Naval e Oceánica, con efectos do 1 de outubro de 2011, e a amortización da praza de secretario administrativo de departamento (DOG do 16 de febreiro de 2012).

En consecuencia, o Consello de Goberno da Universidade da Coruña, na súa reunión do día 16 de novembro de 2011, adoptou o acordo de aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Universidade da Coruña nos termos que se sinalan no anexo, acordo que recibiu informe favorable do Pleno do Consello Social da Universidade da Coruña na sesión do 29 de novembro de 2011.

Visto este acordo, esta reitoría, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), resolve que se publique no Diario Oficial de Galicia a modificación da relación de postos de traballo desta universidade que se relaciona no anexo que se xunta.

A Coruña, 20 de febreiro de 2012.

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Na vixente relación de postos de traballo da Universidade da Coruña prodúcese a seguinte modificación:

Creación de posto.

Créase o posto que a continuación se detalla:

Xerencia:

N.º de posto: 449.

Posto: posto base.

Nivel: 16.

Comp. específico mensual: 450,55.

Tipo: N.

Prov.: C.

Grupo: C1, C2.

Quenda: M.

Campus: C.