Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8157

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala superior de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar todas as aspirantes que superaron o cuarto exercicio exentas da realización do quinto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.7 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.3 da orde de convocatoria (corrección de erros no DOG número 4, do 7 de xaneiro de 2011), as aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentaren a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda; Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de acordo co procedemento establecido para o efecto pola devandita dirección xeral na súa Resolución do 21 de febreiro de 2012 (DOG número 41, do 28 de febreiro).

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2012.

Ana M.ª Morato Miguel
Presidenta do tribunal