Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7875

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se empraza a Daniel Gustavo Brindza para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación do procedemento que se relaciona no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázase o interesado sinalado no anexo para ser notificado por comparecencia do acto administrativo derivado do procedemento que se indica.

O interesado, ou o seu representante, deberá comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal n.º 8, 3.º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 9 de febreiro de 2012.

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

NIF/CIF

Órgano tramitador

Procedemento

Brindza, Daniel Gustavo

X5899164D

Servizo de Inspección Tributaria

Acordo de inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exercicio: 2008