Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia no expediente LU-02/504.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 26 de xaneiro de 2012.

José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-02/504:1.

Interesada: María Estrella López González.

Último enderezo coñecido: rúa Manzano, 716, Urbanización La Beltraneja-Trijueque, 19192 Guadalajara.

Acto de notificación: carta adxudicación en réxime de aluguer vivenda de promoción pública grupo 41 vivendas na rúa Fermín Rivera, baixo A, de Lugo.

Expediente: LU-02/504:3.

Interesada: Deicy Serna Chávez.

Último enderezo coñecido: Calzada das Gándaras n.º 61-5.º B, 27004 Lugo.

Acto de notificación: carta adxudicación en réxime de aluguer vivenda de promoción pública grupo 41 vivendas na rúa Fermín Rivera, baixo C, de Lugo.