Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7867

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 30 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo pertencente á estrutura directiva do Hospital da Costa.

Convocada, mediante a Orde do 1 de xullo de 2011 (DOG n.º 152, do 9 de agosto), a provisión dun posto de persoal directivo no Hospital da Costa, esta consellería, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, en exercicio das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal directivo pertencente á estrutura organizativa do Hospital da Costa, anunciada pola Orde do 1 de xullo de 2011 (DOG n.º 152, do 9 de agosto).

Segundo. Seleccionar para a praza que se indica a persoa cita no anexo desta orde, para os efectos da súa contratación, ao abeiro do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección.

Terceiro. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimar a interposición deste recurso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Posto: directora médica.

Nome e apelidos: Laura Ballesta López.

Centro: Hospital da Costa.

Localidade: Burela.