Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7871

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos taurinos AC-ET 4/2011.

Intentada a notificación á persoa que no anexo se menciona, sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o acordo de iniciación ditado nun expediente sancionador por infracción da Lei 10/1991, do 4 de abril, de potestades administrativas en materia de espectáculos taurinos.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles aos xefes territoriais da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución aos órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, Decreto 245/2009, do 30 de abril, en relación co artigo 24.2 da Lei 10/1991, do 4 de abril.

Noméase instrutora do expediente a Margarita Olmo Bosco, xefa do Servizo de Administración Local e Interior e secretaria a Consuelo Castro Atienza, xefa da Sección II, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para exercer o dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993. No caso de ditarse resolución impoñeríaselle unha multa de 300 euros.

En cumprimento do artigo 42.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC– (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) infórmase de que o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento é de seis meses contados desde o acordo, de conformidade co artigo 20.6 do Real decreto 1398/1993, e no suposto do vencemento do prazo sen ter ditado resolución se producirá a caducidade do procedemento co arquivo das actuacións, segundo sinala o artigo 44.2 da LRXPAC.

Infórmase igualmente de que a tramitación do expediente se realiza nesta Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no edificio administrativo Monelos, praza Luís Seoane, s/n, da Coruña.

A Coruña, 16 de febreiro de 2012.

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Número de expediente: AC-ET 4/2011.

Denunciado: Luis Federico Cebrián Mozo.

DNI: 12192095W.

Enderezo: Barrio Nuevo, 47630 La Mudarra (Valladolid).

Precepto infrixido: 15.p) da Lei 10/1991.

Precepto sancionador: 18 e 20 da Lei 10/1991.

Multa para impoñer se non efectúa alegacións: 300 euros.