Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7636

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios subscritos pola extinta Consellería do Medio Rural no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG número 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2012.

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Denominación

Importe

Asinado

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Portomarín para a realización de obras de infraestrutura rural incluídas no Programa piloto, ao abeiro da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural

200.961,73 €

12.9.2011

Protocolo de colaboración para a instalación de sensores nos parques naturais ourensáns «O Invernadoiro» e «Baixa Limia-Serra do Xurés»

-

18.10.2011

Convenio específico de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estatística (ano 2011)

10.798,40 €

21.10.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Produtores de Plantas Ornamentais de Galicia (Asproga)

165.100,00 €

23.11.2011

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións en materia de desenvolvemento rural

9.534.725,00 €

18.11.2011

Segundo convenio de modificación e prórroga do convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e a Xunta de Galicia, sobre actuacións da Dirección Xeral de Medio Natural e Política Forestal en materia de Rede Natura 2000

4.000.000,00 €

11.11.2011

Addenda ao convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural para o desenvolvemento do programa de posta en valor da Rede de camiños naturais non motorizados de Galicia

3.000.000,00 €

17.11.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e as Asociacións Provinciais de Control Leiteiro (Africor) da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para desenvolver as funcións do Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) e participar no desenvolvemento do Programa de mellora xenética frisón de Galicia 2011-2015

3.200.000,00 € 

16.11.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) A Pementeira

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Agroflor

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Hortanosa

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Horta Labrega

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Ladeira do Miño e Bubal

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación de labregos do Val de Monterrei

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación labrega Xoaniña

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación de viticultores do Sil e Valdeorras

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación de viticultores do Baixo Miño

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Rural Agrouris

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Profesional del Kiwi de Galicia

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Baixada do Castrove

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Bodegas Eidosela, Soc. Coop. Galega

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Horticultores del Umia

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Salnés-Umia

 -

20.12.2011

Convenio de colaboración da Consellería do Medio Rural coa Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Maceiras de Tabeirós

 -

20.12.2011

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fundación «La Caixa» en materia de espazos naturais protexidos

1.250.000,00 €

29.12.2011

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Vila de Cruces para a realización de obras de infraestrutura rural incluídas no Programa piloto ao abeiro da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural

14.748,55 €

26.10.2011

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Silleda para a realización de obras de infraestrutura rural incluídas no Programa piloto ao abeiro da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural

1.279,91 €

26.10.2011

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello da Estrada para a realización de obras de infraestrutura rural incluídas no Programa piloto ao abeiro da Lei 45/2007, do 13 de decembro, para o desenvolvemento sustentable do medio rural

4.128,53 €

26.10.2011

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Mesía para a realización de obras de infraestrutura rural

93.235,13 €

26.10.2011