Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, sobre as modificacións e disolucións de varias sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, e para xeral coñecemento, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación modificadas e disoltas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SAT de Galicia, que se citan.

A) Modificacións:

a) A sociedade agraria de transformación Farruquiño, SAT n.º 1033 XUGA, na asemblea xeral do 18 de novembro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por Pablo López Rodríguez, presidente; Anunciación Rodríguez Lourés, secretaria, e Dosinda Onega Murado, como vogal.

b) A sociedade agraria de transformación Boado Cinco, SAT n.º 673 XUGA, na asemblea xeral do 11 de novembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Anular todos os acordos tomados nas asembleas do 31 de decembro de 2010, do 22 de xullo de 2011 e do 14 de outubro de 2011.

2. Aprobar a baixa dos socios fundadores Rogelio Sueiro Carro, José Carro Alvite e José María Mosquera Lavandeira e a transmisión dos 20 títulos que teñen, aos novos socios José Manuel Carro Mosquera, José Manuel Mosquera Fernández e Javier Sueiro Vázquez.

3. Aprobar a alta como socios de José Manuel Carro Mosquera, José Manuel Mosquera Fernández e Javier Sueiro Vázquez.

4. Aprobar a ampliación do capital por importe de 601,02 €, que se corresponde co valor dun título. Como consecuencia desta ampliación de capital e a transmisión de títulos dos socios que causan baixa aos novos socios, o capital social queda distribuído da seguinte forma:

José Manuel Carro Mosquera

7 títulos

4.207,14 € de capital social

José Manuel Mosquera Fernández

7 títulos

4.207,14 € de capital social

Javier Sueiro Vázquez

7 títulos

4.207,14 € de capital social

5. Modificación do artigo 2 dos seus estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 12.621,42 € e estará representado por 21 títulos nominativos de 601,02 € cada un deles.

6. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por José Manuel Carro Mosquera, presidente; Javier Sueiro Vázquez, secretario, e José Manuel Mosquera Fernández, como vogal.

c) A sociedade agraria de transformación Gocalvesa, SAT n.º 1229 XUGA, na asemblea xeral do 24 de outubro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por Higidio Calviño Vázquez, presidente; José Antonio Santos Gómez, secretario; Mario Veiga Fraga, Rosalía Saavedra Carballo, Marta Saavedra Carballo e Inés Gómez Rodríguez, como vogais.

d) A sociedade agraria de transformación Camino Duro, SAT n.º 966 XUGA, na asemblea xeral do 23 de decembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Anular a acta da asemblea do 23 de decembro de 2010.

2. Aprobar a redenominación do capital social, que pasa a ser de 10.868,56 €, representado por 4 títulos de 2.717,14 € e deixando unha reserva indispoñible de 0,02 €.

3. Aprobar a baixa das socias María del Carmen Seoane Bernárdez e Ramona Concepción Camino Duro, que trasmiten os seus títulos aos socios Luis Ignacio Camino Duro, María Teresa Camino Duro, Manuel José Camino Duro e María Magdalena Veiga Salgueiros, quedando distribuídos entre os socios da seguinte forma:

María Teresa Camino Duro

1 título

2.717,14 € de capital social

M.ª Magdalena Veiga Salgueiros

1 título

2.717,14 € de capital social

Luis Ignacio Camino Duro

1 título

2.717,14 € de capital social

Manuel José Camino Duro

1 título

2.717,14 € de capital social

4. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por María Teresa Camino Duro, presidenta; M.ª Magdalena Veiga Salgueiros, secretaria; Luis Ignacio Camino Duro e Manuel José Camino Duro, como vogais.

5. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 10.868,56 € e estará representado por 4 títulos nominativos de 2.717,14 € cada un deles.

6. Modificación do artigo 11 dos estatutos da sociedade, segundo consta na acta da asemblea.

e) A sociedade agraria de transformación Menora, SAT n.º 1208 XUGA, na asemblea xeral do 2 de xaneiro de 2012, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por Javier Álvarez López, presidente; Manuel Álvarez López, secretario e M.ª Josefa Rivas Ceide, como vogal.

f) A sociedade agraria de transformación Arcicos, SAT n.º 1402 XUGA, na asemblea xeral do 28 de novembro de 2011, toma os seguintes acordos:

1. Aprobar a baixa dos socios José Piñeiro Trigo e María Purificación Díaz Quintela, procedendo á devolución do capital social desembolsado no seu día, que ascende á cantidade de 120.555,18 €.

2. Aprobar a alta das novas socias Dorinda Freire Seijas e María Carmen Freire Seijas, que fornecen ao capital social un importe de 64.614,00 € e 2.000,00 € respectivamente, de forma que o capital queda distribuído entre os socios da seguinte maneira:

José Manuel González Freire

66.614 títulos

66.614,00 € de capital social

Luis González Vigo

66.614 títulos

66.614,00 € de capital social

Dorinda Freire Seijas

64.614 títulos

64.614,00 € de capital social

María Carmen Freire Seijas

2.000 títulos

2.000,00 € de capital social

3. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 199.842,00 € e estará representado por 199.842 títulos nominativos de 1,00 € cada un deles.

4. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por José Manuel González Freire, presidente; Luis González Vigo, secretario; Dorinda Freire Seijas e María Carmen Freire Seijas, como vogais.

g) A sociedade agraria de transformación O Fondal-Aboi, SAT n.º 913 XUGA, na asemblea xeral do 16 de decembro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por Carlos Pérez Bodelo, presidente; Ismael Pérez Bodelo, secretario; Luis Pérez Gómez e María Bodelo Mosquera, como vogais.

h) A sociedade agraria de transformación Gandería Peniña, SAT n.º 1043 XUGA, na asemblea xeral do 25 de xaneiro de 2012, que ratifica a do 31 de outubro de 2011 e a do 31 de maio de 2010, toma os seguintes acordos:

1. Redenominar o capital social a euros, que pasa a ser de 223.575,72 €, representados por 372 títulos de 601,00 € cada un deles e quedando unha reserva indispoñible de 0,78 €.

2. Aprobar a alta do novo socio Rubén Rey Iglesias, que fornece ao capital social un importe de 22.237,37 €, representado por 37 títulos de 601,01 €.

3. Aprobar a transmisión de títulos entre os seguintes socios:

Faustino Iglesias Iglesias, co DNI 35391582-X, sendo titular de 93 títulos, vende 5 títulos a Rubén Rey Iglesias, co DNI 45907684-Y, que os compra por valor de 601,01 € cada un, resultando un prezo final do conxunto de 3.005,05 €.

María Selina Turnes Miguens co DNI 33164292-V, sendo titular de 93 títulos, vende 5 títulos a Rubén Rey Iglesias, co DNI 45907684-Y, que os compra por valor de 601,01 € cada un, resultando un prezo final do conxunto de 3.005,05 €.

Como consecuencia da ampliación do capital social pola incorporación dun novo socio e a transmisión de títulos entre eles, o capital social queda distribuído da forma seguinte:

Faustino Iglesias Iglesias

88 títulos

52.888,88 € de capital social

M.ª Ángeles Iglesias Turnes

93 títulos

55.893,93 € de capital social

M.ª Selina Turnes Miguens

88 títulos

52.888,88 € de capital social

Manuel Rey Bragaña

93 títulos

55.893,93 € de capital social

Rubén Rey Iglesias

47 títulos

28.247,47 € de capital social

4. Modificación do artigo 2 dos estatutos, que queda redactado da forma seguinte: o capital social cífrase en 245.813,09 €, representado por 400 títulos nominativos de 601,01 € cada un deles.

5. Modificación do artigo 11 dos estatutos da sociedade, segundo consta na acta da asemblea.

6. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por Faustino Iglesias Iglesias, presidente; M.ª Ángeles Iglesias Turnes, secretaria; M.ª Selina Turnes Miguens, Manuel Rey Bragaña e Rubén Rey Iglesias, como vogais.

i) A sociedade agraria de transformación Fernández, SAT n.º 1223 XUGA, na asemblea xeral do 22 de decembro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Renovar a súa xunta reitora, que pasa a estar composta por Feliciano Fernández Linares, presidente; María Aurora Seco Fernández, secretaria; Jesús Fernández Vila e Venancio Seco García, como vogais.

B) Disolucións:

a) A sociedade agraria de transformación Casa de Fondón, SAT n.º 786 XUGA, na asemblea xeral do 22 de decembro de 2011, que ratifica a do 24 de outubro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Javier Pérez Oroza, Luis Miguel Pérez Oroza e Esteban Pérez Díaz.

b) A sociedade agraria de transformación O Formón, SAT n.º 2293, na asemblea xeral do 22 de decembro de 2011, que ratifica a do 24 de outubro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por Juana Navarro Fernández, Gloria Pérez Rodríguez e José Navarro Fernández.

c) A sociedade agraria de transformación Pardeiro, SAT n.º 1050 XUGA, na asemblea xeral do 22 de decembro de 2011, que ratifica a do 25 de outubro de 2011, toma o seguinte acordo:

1. Aprobar o acordo de disolución da SAT e nomear a comisión liquidadora composta por María Osinda Cuadrado Loureiro, José Antonio Fanego Cuadrado e José María Fanego Barrera.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

José Álvarez Robledo
Director xeral de Produción Agropecuaria