Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 25 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5202 Colado, sito nos concellos de Maceda e Xunqueira de Ambía (Ourense).

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5202.

Nome: Colado.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: Cerámica Xunqueira, S.A.

Domicilio: Veigachá, s/n, 32708 Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

Data de solicitude: 25 de marzo de 2011.

Cuadrículas: 2.

Recursos: recursos da sección C.

Concellos: Maceda e Xunqueira de Ambía (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

Pp

7º 39’ 40”

42º 17’ 40”

1

7º 39’ 00”

42º 17’ 40”

2

7º 39’ 00”

42º 17’ 20”

3

7º 39’ 40”

42º 17’ 20”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 25 de xaneiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense