Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7599

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilamarín

ANUNCIO de convocatoria de probas selectivas para a cobertura dunha praza de persoal laboral.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 27, do 2 de febreiro de 2012, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de condutor de tractor con rozadora e servizos varios, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

Mediante este anuncio convócanse as probas selectivas para a cobertura da praza antes descrita e faise saber que o prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado ou no Diario Oficial de Galicia (o último que se publique).

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense e/ou no taboleiro de anuncios do concello.

Vilamarín, 6 de febreiro de 2012.

Amador Vázquez Vázquez
Alcalde