Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7592

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cartelle

ANUNCIO sobre delimitación de núcleo rural de Santa Baia de Anfeoz.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse a información pública o expediente iniciado neste concello por instancia de María Carmen Pérez Rodríguez, de delimitación de núcleo rural de Santa Baia de Anfeoz, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Cartelle, 16 de febreiro de 2012.

Carmen Leyte Coello
Alcaldesa