Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Renova Generación de Energías Renovables, S.L.
Domicilio social: Sor Joaquina, n.º 4 B, esq., 15011 Curtis.
Denominación: liña interconexión 66 kV planta de biomasa polígono Teixeiro.
Situación: concello de Curtis.
Características técnicas:
Liña soterrada de alta tensión a 66 kV, cunha lonxitude de 0,33 km, con orixe na subestación da planta de biomasa poligono de Teixeiro (expediente IN408A 25/2010) e final nunha posición de 66 kV na subestación de Sidegasa (obxeto de proxecto á parte), no condutor Hersatene W.B. R.H.Z.1 36/66 3×1×150 mm2 AI + H70.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.
A Coruña, 27 de xaneiro de 2012.
Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial