Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7479

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 13 de febreiro de 2012 pola que se notifica o acordo de suspensión do procedemento sancionador 107 C 2011/60-0, devolto polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 25 de xaneiro de 2012, suspender o procedemento sancionador por infracción urbanística 107 C 2011/60-0, incoado polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Monte Ínsua, parroquia de Barizo, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Roberto Carlos Seoane Iglesias e a José Rey Suárez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística