Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2012 pola que se anuncia o procedemento de adxudicación do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidades de Medicina do Traballo e Hixiene Industrial, que se desenvolverá en centros docentes públicos non universitarios dependentes desta consellería.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1.º Dependencia: Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

2.º Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, s/n, bloque 2, planta baixa.

3.º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4.º Teléfono: 981 95 74 79.

5.º Telefax: 981 54 54 43.

6.º Correo electrónico: servizodeprevencion@edu.xunta.es

7.º Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

8.º Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: Servizo de Prevención Alleo de Riscos Laborais, especialidades de Medicina do Traballo e Hixiene Industrial, a desenvolver en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugares de execución: levarase a cabo, alomenos, nas catro capitais de provincia e nas cidades de Santiago de Compostela, Ferrol, Cee/Muxía, Viveiro, Monforte de Lemos, O Barco de Valdeorras, Xinzo da Limia, Lalín e Vigo.

e) Prazo de execución: desde a formalización do contrato ata o 31 de decembro de 2012.

f) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Medicina do traballo: importe neto: 176.850,00 euros, exento do IVE conforme o artigo 20.1.3.º da Lei 37/1992, do IVE. Importe total: 176.850,00 euros.

b) Hixiene industrial: importe neto: 19.793,22 euros. IVE (%): 18%. Importe total: 23.356,00 euros.

Orzamento total: 200.206,00 euros.

5. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe do orzamento base de licitación (9.832,15 euros).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo N, subgrupo 1 e categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: deberán acreditala exclusivamente os empresarios non españois de estados membros da Unión Europea, nos termos especificados no punto 6.2.A 6) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: os recollidos no punto 6.2.A 8) e 9) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle no mesmo día a súa remisión ao órgano de contratación, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1.º Dependencia: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (luns a venres das 9.00 ás 19.00 horas e sábados das 9.00 ás 14.00 horas).

2.º Domicilio: edificio administrativo de San Caetano s/n.

3.º Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4.º Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos puntos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas.

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 2.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a apertura do sobre B (documentación técnica: aspectos avaliables mediante a aplicación dun xuízo de valor) terá lugar o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas, ás 10.30 horas. De coincidir este en sábado ou inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

A data de apertura do sobre C (documentación económica: aspectos cuantificables mediante a aplicación de fórmulas) anunciarase oportunamente no perfil do contratante.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria