Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2011/323-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.

Domicilio social: Doctor Fernández Vega 14, 36000 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T. Baldomar.

Situación: Covelo.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z.1 de 312 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado 4ES01880 na liña principal n.º 4 O Ceo-Covelo-A Ermida e final no apoio proxectado 4ES01883 nela unha vez entre e saia do C.T. proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 KV/230-400 V, situado en Baldomar, Santa Mariña, Covelo. Tubo de 1.000 metros de condutor R.Z. de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 5 de decembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra