Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7382

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se empraza a interesada no recurso contencioso-administrativo 191/2011, interposto contra a estimación da reclamación de responsabilidade patrimonial RP/10/00036.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela, en relación co recurso contencioso-administrativo 191/2011, interposto por Axa Seguros Generales, S.A. e Rubén Oanes Carballido, contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 11 de novembro de 2011, que resolve a reclamación por responsabilidade patrimonial RP/10/000036, polo accidente de circulación sufrido por Susana Rodríguez Regueira cando conducía o turismo matrícula 0061-DNN pola estrada AC-433 da Ponte do Porto (AC-432) a Laxe (AC-431), á altura do p.q. 1,9, termo municipal de Vimianzo, como consecuencia dun burato que se encontra a continuación dun recheo de formigón que cruza a calzada; esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Santiago de Compostela.

A devandita resolución de remisión do expediente intentouse notificar persoalmente a Tecnología de la Construcción, S.A. (Teconsa), con último domicilio coñecido na rúa do Hórreo 19, esc. C-2.º, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, interesada no citado procedemento, sen que fose posible tal notificación.

Polo exposto, mediante esta resolución, emprázase para que poida presentarse como demandada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas