Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7342

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 142, do 26 de xullo), pola que se resolven as alegacións presentadas ás notas do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 20 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 22 de novembro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, acordou, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria:

Primeiro. Desestimar a totalidade das alegacións presentadas en relación coas puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición.

Segundo. Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada segundo o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

María Antonia Arias Bouzas
Presidenta do tribunal