Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das propostas de resolución de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, a quen non se lles puido facer por correo certificado, as propostas de resolución ditadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, o seu número cítase no anexo.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para poder examinar o expediente no Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior desta xefatura territorial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Lugo, 17 de febreiro de 2012.

Marta Barreiro Castro
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nome: Copas Plus, S.L. (Enrique López Rivera).

DNI/NIF: B-27288364.

N.º de expediente: LU-E 333/11.

Precepto infrinxido: 23.o) en relación co 26.e) L.O. 1/1992.

Último domicilio: r/ Melitón Cortiñas 18, 2.º, Viveiro.

Proposta de sanción: 1.500 euros.