Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7311

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a listaxe de solicitudes excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da Resolución do 15 de decembro de 2011, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

De conformidade co disposto na Resolución do 15 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas (DOG número 244, do 23 de decembro), recibidas as solicitudes nos correspondentes servizos provinciais de deportes, e rematada a fase de revisión da documentación achegada e de comprobación do grao de cumprimento dos requisitos establecidos na devandita resolución, a Secretaría Xeral para o Deporte

RESOLVE:

Primeiro. Publicar a listaxe de solicitudes que se deberán emendar por presentaren a documentación incompleta. Tal relación recóllese no anexo I desta resolución, ordenada polo nome da entidade.

Segundo. Publicar a listaxe de solicitudes excluídas e o motivo da exclusión. Tal relación recóllese no anexo II desta resolución, ordenada polo nome da entidade.

Terceiro. Estas listaxes exporanse nos taboleiros de anuncios dos servizos provinciais e da Secretaría Xeral para o Deporte, así como na páxina web www.deportegalego.es

Cuarto. Os interesados poderán formular reclamacións, emendar erros e falta de documentación nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante os respectivos servizos provinciais de deportes. Transcorrido este prazo sen que se emenden as deficiencias, considerarase que o interesado desiste da súa petición, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2012.

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I
Listaxe de solicitudes pendentes de emenda

Entidade

CIF

Pendente

A.D. Nuestra Señora de Los Remedios

G15467269

Anexo II, CIF e DNI

Agrupación Femenina Val do Ulla C.F.

G36297398

CIF e DNI

Asociación Cultural y Deportiva Xestas

G36628543

CIF e DNI

Atlético Gresande

G36469757

CIF

Automoción La Junquera, F.S.

G36406601

Anexo III e CIF

Club Acordes

G15499692

DNI

Club Baloncesto Santa Baia

G15364995

Anexo III

Club Ciclista BTT Vilagarcía

G36256782

CIF e DNI

Club de Fútbol Lamela

G36337533

CIF e DNI

Club Instituto Rosalía de Castro

G15534415

Anexo III e CIF

Clube Amigos dos Cans de Caza

G15503261

CIF

Clube Xadrez Betanzos

G70113188

CIF

Escolas de Fútbol Luis Calvo

G15794589

Anexo III e DNI Final do formulario

Escudería Amigos do Motor

G15661226

CIF

Escuela Deportiva Rivadulla-Val do Ulla

G15936883

Anexo II e anexo III

Nigrán Clube de Fútbol

G36777902

CIF

O Pindo Club de Fútbol

G15940919

Anexo III e CIF

SCDR Animas

G15305998

CIF

U.D. Val do Ulla

000000000

Anexo II, anexo III e CIF

ANEXO II
Listaxe de solicitudes excluídas e motivos da exclusión

Entidade

CIF

Motivo

A.C. O Vinculeiro-C.D. Sar

G15519499

Fóra de prazo

A.D. Escolapios

G27035039

Non se adecua ao obxecto da resolución

A.D. Menela

G36817575

Fóra de prazo

A.D.C. de Fútbol Bóveda

G27207919

Fóra de prazo

A.D.E. Escolarix

G70153580

Fóra de prazo

A.V.C.R. San Mamede de Zamáns

G36691855

Non inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

Agrupación Deportiva Colexio Ferroviario

G27034297

Non se adecua ao obxecto da resolución

ANPA Camiño de Santiago. CEIP Monte dos Postes

G15059918

Non inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

Asociación Criadores de Caballos Españoles de Galicia

G36261410

Fóra de prazo

Asociación Cultural e Dep. Fogar de Breogán de Lira

G36598340

Fóra de prazo

Asociación Galega de Cans de Trineo e Tiro

G27212299

Non inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

Asociación Galega de Mulleres Deportistas

G70284781

Non se adecua ao obxecto da resolución

C.C. Santiago DH

G70092275

Fóra de prazo

C.P.A. Rosaleira Mos

G27764174

Fóra de prazo

Círculo Cultural Deportivo de Cesantes

G36015741

Fóra de prazo

Club Acordes

G15499692

Fóra de prazo

Club As Triscas

G36421824

Fóra de prazo

Club de Bolos da Rega

G36741072

Fóra de prazo

Club de Fútbol Noia

G15252505

Fóra de prazo

Club de Iniciativas Deportivas Universitarias

G15479215

Fóra de prazo

Club Náutico Umia

G36036150

Fóra de prazo

Club S.D. Compostela de Sordos

G15636483

Fóra de prazo

Club Veteranos Camporrapado C.F.

G70264239

Non inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

Fundación Educación e Deporte de Santiago de Compostela-FEDESA

G15867260

Non inscrita no Rexistro de Asociacións Deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte

Gimnasio Senra

G27147081

Fóra de prazo

Hockey Club Sto. Domingo de Padrón

G15333446

Fóra de prazo

Sociedad Deportiva Ourol

G27247758

Fóra de prazo

Sociedad Lestedo Pico Sacro

G15111263

Fóra de prazo

Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra

G15217896

Fóra de prazo

Sporting Celanova

G32183865

Fóra de prazo

Volantes de Baño F.C.

G70294640

Fóra de prazo