Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 29 de febreiro de 2012 Páx. 7336

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 8 de febreiro de 2011 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para os rexistros vacantes que se citan.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 2 de decembro de 2011 e resolto pola Resolución do 24 de xaneiro de 2012 e, de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, e co Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución, e que no anexo se relacionan, para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• María Rosa Rebollo González, rexistradora de Toledo n.º 1 para o Rexistro Mercantil e de Bens Mobles da Coruña.

• Manuel Pérez Fernández, rexistrador de Las Palmas de Gran Canaria n.º 2 para o Rexistro n.º 1 de Santiago de Compostela.