Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7178

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 1058/2010, interposto por Rafael Rodríguez Varela, María Teresa Fernández Iglesias, Manuela Varela Núñel, Javier Mundiña Basanta e Henrique Ferro Cruz.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 1058/2010, interposto por Rafael Rodríguez Varela, María Teresa Fernández Iglesias, Manuela Varela Núñel, Javier Mundiña Basanta e Henrique Ferro Cruz, contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de alzada formulado contra a Resolución do 18 de febreiro de 2010 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos (DOG número 36, do 23 de febreiro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública