Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012 pola que se publica o concurso público, polo procedemento aberto e sistema multicriterio, para selección de ofertas para outorgar autorizacións de realización de actividades inherentes á prestación de servizos á pasaxe no porto do Grove.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento aberto é a selección de dez ofertas para o outorgamento de autorizacións que habiliten para prestar servizos sobre a pasaxe no porto do Grove.

b) Lugar da autorización: porto do Grove. Concello do Grove (Pontevedra).

c) Prazo da autorización: un (1) ano prorrogable por períodos sucesivos dun ano ata un máximo de sete (7) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula 3.6.1. Apertura das ofertas do prego de bases do concurso, do capítulo II.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases e no prego xeral regulador do servizo que se inclúe no expediente como anexo I.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A-6.º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 95 75 51.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17204

6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de 52 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce horas do derradeiro día. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) sobres pechados, segundo se especifica no punto 3.5 do capítulo II do prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5A-6.º, polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: entidade pública Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4.º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1.

e) Hora: 12.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios dos servizos centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se fose o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia