Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7059

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública relativo a un centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil e compravenda de vehículos sinistrados.

O Grupo Sidegal Galicia, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a instalación dun centro xestor de vehículos ao final da súa vida útil e compravenda de vehículos sinistrados na rúa da Factoría, parcela 6.

Cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días, a fin de que durante o mesmo período –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto–, poidan examinar o expediente no servizo de licenzas as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Lugo, 16 de xaneiro de 2012.

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo