Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7011

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (937/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que nos autos rexistrados co número 937/2009 ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reclamación de cantidade 937/2009, sendo demandante Eduardo García Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandada JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Eduardo García Rodríguez contra JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Eduardo García Rodríguez a cantidade de 197,30 euros que lle debe.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 8 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial