Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 6981

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de febreiro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado María Auxiliadora de Ourense.

O representante da titularidade do centro privado María Auxiliadora, no concello de Ourense, solicita autorización para impartir unha unidade de educación especial.

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar unha unidade de educación especial no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación: CPR María Auxiliadora.

Código do centro: 32008458.

Domicilio: praza Don Bosco, 1.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Religiosos Salesianos.

Composición resultante:

Educación infantil: 9 unidades.

Educación primaria: 18 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 12 unidades.

Bacharelato: 6 unidades, das modalidades de ciencias e tecnoloxía, e humanidades e ciencias sociais.

Educación especial: 1 unidade.

Segundo. Para a posta en funcionamento da nova unidade de educación especial autorizada, a Xefatura Territorial de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria