Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, pola que se notifica o inicio da procedencia do reintegro de axuda ao programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, regulada na Orde do 24 de maio de 2007, relativa ao expediente TR345B 2007/28-0.

Con data do 26 de xaneiro de 2012, o director xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo e Benestar ditou resolución pola que se acorda o inicio do procedemento do reintegro de axuda concedida á empresa Streamwind, S.A., con número de expediente TR345B 2007/28-0.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

De conformidade co previsto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de dez días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue pertinente, ante esta dirección xeral.

Lembráselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sitas na rúa San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

Andrés Hermida Trastoy
Director xeral de Promoción do Emprego

ANEXO

N.º de expediente: TR345B 2007/28-0.

Beneficiario: Streamwind, S.A.

CIF: A40207599.

Último enderezo coñecido: polígono de Alvedro, r/ H, nave H 41, Almeiras, Culleredo, 15180 A Coruña.

Procedemento: incentivos a plans empresariais de incremento da estabilidade laboral.

Data da resolución de concesión: 22.11.2007.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas durante un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: número 5 do artigo 14 da Orde do 24 de maio de 2007, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 2007 (DOG n.º 104, do 31 de maio).

Contía da subvención percibida: 46.225 euros.

Contido da resolución: acordo de inicio de procedemento de reintegro da axuda.