Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Rede Galega de Empresas (REGA).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación onde se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral ordinaria do 24 de xuño de 2011, en que se recolle a modificación do artigo 15 dos estatutos da dita asociación.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

Odilo Martiña Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais