Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2011/243).

En relación coa Resolución do 11 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2011/243), publicada no DOG n.º 28, do 9 de febreiro, e advertido erro, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 5540, onde di: «Denominación: reforma L.M.T., C.T. e R.B.T. en Boente», debe dicir: «Denominación: reforma L.M.T., C.T. e R.B.T. en Goente».