Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: ampliación de potencia C.T. do Valadoiro.
Situación: Agolada.
Descricións técnicas: ampliación de potencia do centro de transformación do Valadoiro, situado en San Pedro de Merlín, Agolada, a 50 kVA con R.T. 15 kV/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo, avda. Fernández Ladreda 43-5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 2 de febreiro de 2012.
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra