Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 7026

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 324/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. rúa Eusebio da Guarda, 8-10.

Situación: concello da Coruña.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,084 km, coa orixe nos empalmes proxectados na L.M.T.S. GRN-734 existente no tramo entre o C.T. Noia, 31 (expediente IN407A 2007/128) e o C.T. praza Monforte (expediente IN407A 2000/285), en condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final na mesma liña unha vez que entre e saia do C.T.C. Eusebio da Guarda, 8-10 (proxectado).

– Centro de transformación (C.T.) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e relación de transformación de 15/0,40-0,23 kV. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 2 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009; DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial