Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2012 Páx. 6987

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se realice.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

2. Entidade organizadora.

Academia A Mariña.

3. Data.

Do 12 ao 31 de marzo de 2012, a excepción dos domingos.

4. Lugar de realización.

Academia A Mariña.

Avda. Arcadio Pardiñas, n.º 44, entresollado.

27880 Burela (Lugo).

5. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a. todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas, non clasificados como moi tóxicos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa.

Día 12.3.2012

19.00-22.00 horas

Praguicidas. Clasificación.

Día 13.3.2012

19.00-22.00 horas

Xeneralidades e modo de acción.

Día 14.3.2012

19.00-22.00 horas

Toxicidade.

Día 15.3.2012

19.00-22.00 horas

Lexislación.

Día 16.3.2012

19.00-22.00 horas

Transporte, almacenamento, distribución e venda.

Día 17.3.2012

9.00-14.00 horas

Lexislación aplicada ao transporte, almacenamento, distribución e venda.

Día 19.3.2012

19.00-22.00 horas

Formulacións. Preparación.

Día 20.3.2012

19.00-22.00 horas

Equipamentos de aplicación.

Día 21.3.2012

19.00-22.00 horas

Pragas de roedores. Estudo dos roedores.

Día 22.3.2012

19.00-22.00 horas

Raticidas para ratas e ratos. Desratización activa e pasiva.

Día 23.3.2012

19.00-22.00 horas

Pragas de insectos e ácaros. O seu estudo.

Día 24.3.2012

9.00-14.00 horas

Insecticidas e acaricidas. Métodos de loita antivectorial en ambientes urbanos.

Día 26.3.2012

19.00-22.00 horas

Desinfección. Produtos usados. Técnicas.

Día 27.3.2012

19.00-22.00 horas

Praguicidas e ambiente. Precaucións.

Día 28.3.2012

19.00-22.00 horas

Eliminación de restos de envases. Lexislación.

Día 29.3.2012

19.00-22.00 horas

Precaucións e normas de seguridade. Equipamentos de protección persoal. Saúde laboral.

Día 30.3.2012

19.00-22.00 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. Antídotos.

Día 31.3.2012

9.00-14.00 horas

Repaso xeral, resolución, dúbidas, exercicios prácticos e exame.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel cualificado.

Entidade organizadora:

Academia A Mariña

Datas:

Do 12 ao 31 de marzo de 2012, a excepción dos domingos.

Lugar de realización do curso:

Academia A Mariña.

Avda. Arcadio Pardiñas, n.º 44, entresollado.

27880 Burela (Lugo).

Duración:

60 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: das 19.00-22.00 horas, a excepción dos sábados que será de 9.00-14.00 horas.

N.º de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición á Academia A Mariña, Avda. Arcadio Pardiñas, n.º 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.

Telf.: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, xunto con:

– Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 273 €/alumno na conta Academia A Mariña de Novagalicia Banco co número 2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

NOME E APELIDOS: ............................................................................................................................................

DATA DE NACEMENTO: ......................................................................................................................................

NIF/DNI: ................................................................................................................................................................

ENDEREZO: .........................................................................................................................................................

CP: ..........................................................LOCALIDADE: .....................................................................................

TELF.: .............................................CORREO ELECTRÓNICO: ..........................................................................