Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6970

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Academia de Farmacia de Galicia

ANUNCIO de provisión de dúas prazas vacantes de académicos de número.

Anúnciase a provisión de dúas prazas vacantes de académicos de número, correspondentes ao grupo de licenciados en farmacia, medallas 23 y 24, en posesión do título de doutor.

Ás solicitudes xuntaranse os seguintes documentos:

Solicitude dirixida ao presidente de Academia de Farmacia de Galicia, en que conste a condición de ser español, residente en Galicia, compromiso de aceptar os procedementos internos da Academia e número de medalla ou medallas a que opta.

Candidatura avalada por tres académicos de número, ou por dous de número e un emérito.

Currículum vítae, cunha extensión máxima de dez páxinas DIN A-4 e en formato dixital.

A presentación de solicitudes farase por correo certificado dirixido á Secretaría da Academia de Farmacia de Galicia, sita na rúa San Roque 2, 15704 Santiago de Compostela, no prazo de 15 días hábiles contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Isaac Arias Santos
Presidente da Academia de Farmacia de Galicia